Poboación 109.000. A menos dunha hora de Londres.
Comparte con Cambridge o ránking Nº1 das Universidades de Gran Bretaña. Esta histórica
cidade universitaria resulta tamén un lugar emocionante para os mozos. Poden gozar de
museos fascinantes, pista de patinaxe sobre xeo, piscinas e pasear en barco sobre o río
Isis (Thames). No seu animado Centro Comercial tropézase con xente de tódolos recunchos
do mundo. Ofrece moitos atractivos: festivais e concertos, regatas e competicións
variadas. En Oxford pálpase o ambiente de gran cidade universitaria: os seus célebres
"Colleges" de impresionante arquitectura, coas famosas gárgolas, están
espalladas pola cidade. |
|
Poboación 101.000. A unhas dúas horas de Londres.
Comparte con Oxford o ránking Nº1 das universidades de Gran Bretaña. Unha xoia de
arquitectura e cultura, Cambridge conserva mucho da súa apariencia medieval. A súa
Universidade, fundada en 1284, é unha das máis antigas do mundo. Fermosos parques e
edificios á beira do río Cam, fan de Cambridge unha das cidades máis fermosas de
Inglaterra. A súa gran herdanza histórica, reflectida nos seus numerosos museos ,
combina cunha cidade moderna, cosmopolita e de ambiente animado. |
O que inclúe o prezo:
- 20 clases de 45 minutos por semana.
- Visitas culturais, deportes, e un día de discoteca semanal.
- 1 excursión de día enteiro e 1 de medio día á semana.
- Aloxamento: pensión completa (bolsa de xantar).
- Viaxe de ida e volta en avión.
- Traslados: aeroporto á familia anfitriona e viceversa.
- Certificado de asistencia ó curso.
- Servicios dun titor ou acompañante.
- Seguro de viaxe.
|
|
O que inclúe o prezo:
- 20 clases de 45 minutos por semana.
- Visitas culturais, deportes, e un día de discoteca semanal.
- 1 excursión de día enteiro e 1 de medio día á semana.
- Aloxamento: pensión completa (bolsa de xantar).
- Viaxe de ida e volta en avión.
- Traslados: aeroporto á familia anfitriona e viceversa.
- Certificado de asistencia ó curso.
- Servicios dun titor ou acompañante.
- Seguro de viaxe.
|