IRLANDA

Cursos de 4 semanas (Xullo-Agosto) para NENOS e MOZOS. Idades de 10 a 17 anos

DUBLÍN CORK
DUBLIN CORK
Dublín é, indubidablemente unha das capitais máis belas de Europa. Ten un interesantísimo fondo histórico-cultural, e foi berce da mellor literatura inglesa. Na actualidade é a cidade máis creativa da música moderna. O pobo irlandés seméllase moito ó español e gracias á espontaneidade e carácter aberto dos irlandeses os alumnos españois son ben recibidos e séntense como na súa casa. É un dos puntos máis atractivos de todo o mundo para estudiantes estranxeiros de inglés. Cork, á beira do río Lee, que se une co mar en Cork "Harbour", é a segunda cidade de Irlanda. A súa poboación ronda os 260.000 habitantes. É unha cidade acolledora, cun aire relaxado e seguro. A xente de Cork é tradicionalmente acolledora e faladora. As familias tratan ós seus mozos invitados como ós seus propios fillos. Cork é famosa pola súa Universidade, os seus parques e xardíns, e a pouca distancia unha das paisaxes máis fermosas do mundo, a costa e montañas, ríos e lagos do suroeste de Irlanda.
CURSO EN FAMILIA
(Ref. Nº IRL1)
CURSO EN RESIDENCIA
(Ref. Nº IRL2)
CURSO EN FAMILIA
(Ref. Nº IRL3)
O que inclúe o prezo:
  • 15 horas de clase de inglés por semana.
  • Actividades culturais e deportivas no colexio.
  • 2 excursións de día enteiro e 8 de medio día.
  • Aloxamento: pensión completa.
  • Viaxe de ida e volta en avión.
  • Traslados: aeroporto á familia e viceversa.
  • Certificado de asistencia ó curso.
  • Servicios dun titor acompañante.
  • Transporte autobús escolar.
  • Seguro de viaxe.
O que inclúe o prezo:
  • 15 horas de clase de inglés por semana.
  • Actividades culturais e deportivas no colexio.
  • 1 excursión de día enteiro á semana.
  • Aloxamento: pensión completa.
  • Viaxe de ida e volta en avión.
  • Traslados: aeroporto á familia e viceversa.
  • Certificado de asistencia ó curso.
  • Servicios dun titor acompañante.
  • Seguro de viaxe.