Capital dos Estados Unidos, está situada nunha rexión rica en
historia e beleza paisaxística. Alberga moitos dos monumentos máis coñecidos do mundo.
Destacan a Casa Blanca, O Capitol (sede do goberno de Estados Unidos), o Pentágono, o
George Washington Memorial, o Lincoln Memorial, a biblioteca do Congreso, o Kennedy
Center, e os famosísimos museos do Aire e Espacio, Historia da Nación, Smithsonian
Institution, etc.. O curso desenvólvese no estado de Virxinia, a só 40 minutos do centro
da capital e a 15 minutos do aeroporto internacional de Dulles. |
Poboación 165.000. O estado de Florida atrae a millóns de
turistas cada ano, e o lugar que máis atrae, é sen lugar ningún é Orlando. Hai un
sinfín de atraccións turísticas e cousas emocionantes para facer, incluíndo Disney
World, Epcot Center, Sea World, Universal Estudios, Cabo Cañaveral, etc.. O aeroporto
internacional de Orlando está a menos de media hora. O colexio está situado na zona de
Winter Park, unha fermosa Zona Residencial e de compras. O campus do colexio, moitas veces
descrito como un dos máis belos de Estados Unidos, bordea un lago e mide 27 hectáreas.
Dispón de moitas facilidades para o deporte ó aire libre, canchas de tenis e unha
excelente piscina. Os alumnos terán a oportunidade de coñecer a mozos estadounidenses
que estarán a participar en campamentos de deporte de verán. |
Poboación 1.110.000. Din de San Diego que
quen a visita queda ou volve despois para quedar. Rodea unha fermosa baía do mesmo
nome, na costa sur de California, a só media hora de Tixuana e a fronteira con México.
Goza dun clima soleado, seco e moi agradable durante todo o ano. Como di a canción
"Nunca chove no sur de California". É unha cidade nova e dinámica que ofrece
ós estudiantes visitantes unha abundancia de cousas para facer e sitios para ver, entre
eles as praias de Mission Bay, o famoso San Diego Zoo, un dos máis grandes do mundo, o
parque acuático Sea World, e sitios encantadores como Old Town e A Jolla. |
O que inclúe o prezo:
- Viaxe de ida e volta en avión
- Servicios de titor ou acompañante
- Traslados: aeroporto á familia anfitriona e viceversa
- Aloxamento: pensión completa (3 comidas diarias)
- Amplo programa de visitas culturais e deportes
- 1 excursión de día enteiro e 2 de medio día por semana
- Seguro de viaxe
- Certificado de aproveitamento
|
O que inclúe o prezo:
- Viaxe de ida e volta en avión
- Servicios de titor ou acompañante
- Traslados: aeroporto á residencia e viceversa
- Aloxamento en residencia (dormitorio dobre compartido)
- 20 clases de 45 mn por semana
- Amplo programa de visitas culturais e deportes
- 1 excursión de día enteiro e 2 de medio día por semana
- Seguro de viaxe
- Certificado de aproveitamento
|
O que inclúe o prezo: USA 3 (3 semanas)
- Aloxamento en residencia (dormitorio dobre compartido)
- 16 clases de 45 mn. por semana
- Amplo programa de visitas culturais e deportes*
- 1 excursión de día enteiro por semana*
- Seguro de viaxe
- Certificado de aproveitamento
USA 4 (3 semanas)
- Aloxamento en familia en media pensión
- 20 clases de 45 mn. por semana
(*incluídos tamén en USA 4) |