Vista panorámica Colegio Labor
Colegio Labor

Centro Privado Concertado
Fundado en 1932

barra.gif (2323 bytes)

Avda. Camelias 53, 36211 Vigo

Tel. 986414529

barra.gif (2323 bytes)

Guía Educación Primaria

NORMAS DE CONVIVENCIA 

 

NORMAS RELATIVAS ÓS PAIS

  1. En relación co centro :

          coñecer o Regulamento de Réxime Interior e observar as normas contidas no mesmo.

          Atender ás citacións do Centro

          Absterse de visitar ós fillos durante os recreos sen causa xustificada

  1. En relación cos profesores

     Non desautorizar a acción dos profesores na presencia dos fillos.

     Facilitar todo tipo de información e datos valorativos dos seu fillos ós profesores que o precisen, nos distintos aspecto da súa personalidade.

     Facilitar ós seus fillos cantos medios sexan precisos para levar a cabo as actividades e tarefas que lle indique o profesorado.

     Participar cos profesores na programación daquelas actividades para as que se solicite a súa axuda.

      No caso de separación xudicial dos pais, xustificar a que corresponde a garda e custodia dos fillos.

 

  1. En relación cos seus fillos

      Colaborar no labor educativo exercido sobre os alumnos

      Vixiar e controlar as súas actividades

   Facilitar o cumprimento das obrigas dos seus fillos respecto do Centro: puntualidade, orde, aseo, traballos encomendados, material escolar, etc.

    Distribuír e coordinar o seu tempo libre e de lecer, nomeadamente no relativo a lecturas, xogo e televisión.

     Xustificar as ausencias e retrasos dos seus fillos debidamente durante o horario escolar.

    Recoller persoalmente ou mediante persoa autorizada ós alumnos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria que teñan que ausentarse do Centro durante o horario escolar.

    Estimular ós seus fillos no respecto ás normas de convivencia do Centro como elemento que contribúe á súa formación

 

 NORMAS RELATIVAS ÓS PROFESORES 

  1. En relación a un mesmo:

    Actualizarse e perfeccionarse na súa profesión e investigar os recursos didácticos máis axeitados para o traballo cotiá na aula.

     Asistir con puntualidade ás clases e xuntanzas para ás que fose convocado.

     Vixiar e atender aos seus alumnos no recreo. 

  1. En relación cos alumnos

    respectar a personalidade de cada neno

    facer por escoitalo, comprendelo e axudalo

    non establecer distingos arbitrarios entre os alumnos

    preocuparse polas súas condicións ambientais

    atender á diversidade, acomodándose ós coñecementos e características de cada alumno.

 

3.    En relación co centro

      coñecer o Regulamento de Réxime Interior e cumprir cos seus preceptos.

      colaborar no mantemento  e bo uso do material e instalación do Centro.

      colaborar no mantemento da orde e da disciplina dentro do recinto escolar.

 

4.    En relación cos pais

  manter contactos periódicos e sistemáticos cos pais dos alumnos dentro do horario previsto para tal fin.

   Recibir aos pais cando o soliciten cumprindo os horarios e normas establecidas para o caso.

     Cumprimentar os boletíns de avaliación nos períodos establecidos.

     Solicitar a xustificación das ausencias e saídas do centro por parte dos alumnos. 

 

NORMAS RELATIVAS ÓS ALUMNOS E ALUMNAS 

  1. No referente ó seu comportamento persoal

     asistir puntualmente ás actividades escolares

     acudir a clase aseado

     pasar polos corredores e escaleiras con orde e compostura

    traer á clase os libros e material escolar que sexa necesario

    é preciso asistir á clase de ximnasia có chándal do colexio e zapatillas deportivas

    é obrigatorio asearse e mudar a camiseta por outra limpa ó rematar a clase de ximnasia

    responsabilizarse das obrigas que se lle encomenden

    entregar os xustificantes das faltas de asistencia cubertos polos seus pais

    acudir ós servicios en caso de verdadeira necesidade

    devolver os boletíns de notas asinados polos seus pais

 

  1. En  relación ós seus compañeiros

    non agredir, insultar, nin humillar ós seus compañeiros do colexio

    respectar todas as pertenzas dos demais

    non alterar a marcha normal das clases

    colaborar cos compañeiros nas actividades escolares

    evitar os xogos violentos

 

  1. En relación cos mestres

    ter un trato respectuoso cos mestres e persoal de servicio do centro

     prestarse a falar para clarexar as cuestións que se plantexen na vida do centro

     facer as tarefas e actividades que se lle asignen

 

  1. No referente ó centro

     facer un bo uso dos edificios, instalacións, mobiliario e material escolar

      coidar que as clases, corredores e aseos se manteñan limpos e ordenados

      participar na organización do centro acorde a súa idade

      non ausentarse do centro sen coñecemento do mestre responsable en cada momento

barra.gif (2323 bytes)

Cómo llegar al Labor:

Como se puede apreciar en el siguiente plano (haga clic sobre él para ampliarlo), nuestro Colegio está situado en la Avda. de las Camelias nº. 53, en pleno centro de Vigo, al pie del Monte del Castro y a menos de 1 km. del Ayuntamiento. Apenas a 50 metros contamos con las paradas del transporte urbano con las líneas C4A, C4B, C4C, C6, 7, 11, 12B Y 17, con lo que queda resuelta la conexión con cualquier punto de la ciudad.

Haga clic para ampliar el plano (129326 bytes)

barra.gif (2323 bytes)

© Colegio Labor

Reservados todos los derechos

barra.gif (2323 bytes)