Concello de Vigo
![]() |
O Concello de Vigo cédenos habitualmente o Auditorio do Concello para realizar nel as nosas proxeccións. Tamén recibimos unha subvención para cubrir parte dos nosos gastos. Esta subvención permítenos seguir abertos. Son varias as concellalías que dende a nosa fundación nos veñen apoiando, especialmente, a Concellalía de Cultura, a Concellalía de Xuventude e a Concellalía de Muller. |
Federación de Galicia de Cineclubes
![]() |
A Federación de Galicia de Cineclubes reúne ós cineclubes galegos nunha plataforma común. Son moitos os cineclubes que pertencen á federación que ten a súa sede en Ourense. A federación galega é unha vella aspiración do movementos cineclubista galega que naceu nos anos 80 e que vén demostrando dende entón a importancia cultural do cine e do cineclubismo.
|
Alianza Francesa de Vigo
![]() |
A Alianza Francesa é unha institución de recoñecido prestixio na difusión internacional da cultura e da lingua francesa e que serviu de modelo a organismos parecido doutros países. Na súa labor difusora, a Alianza Francesa de Vigo apostou polo cine francés e case dende a fundación do Cineclube Lumière, ambas organizacións veñen colaborando no Ciclos de Cine Francés que mensualmente, de outubro a maio, proxecta unha estrea francesa en versión subtitulada en castelán.
|