Estatutos do Cineclube Lumière de Vigo


 


 

Índice dos Estatutos do Cineclube LumièreVolver ó inicio da páxina

CAPÍTULO PRIMEIRO
Da fundación, carácter, sede, medios e fins do Cineclube
Artigo 1. Constitución do Cineclube
Artigo 2. Os fins do Cineclube
Artigo 3. Actividades do Cineclube
Artigo 4. A Federación de Cineclubes de Galicia
Artigo 5. A sede e ámbito territorial do Cineclube
CAPÍTULO SEGUNDO
Dos socios e órganos rectores do Cineclube CAPÍTULO TERCEIRO
Sobre o réxime económico do cineclube
Artigo 19. Recursos do Cineclube
Artigo 20. O Patrimonio do Cineclube
Artigo 21. Exercicio económico do Cineclube
Artigo 22. Balance económico do Cineclube
Artigo 23. Disposición dos fondos do Cineclube
CAPÍTULO CUARTO
Outras disposicións
Artigo 24. O Libro de Actas
Artigo 25. Os rexistros contables
Artigo 26. Obrigas cos Rexistros Oficiais
Artigo 27. O uso do galego
Artigo 28. O carné de socio
Artigo 29. Independencia do Cineclube
CAPÍTULO QUINTO
Sobre a disolución do Cineclube
Artigo 30. Causas de disolución do Cineclube
Artigo 31. O acordo de disolución e a Comisión Liquidadora
CAPÍTULO SEXTO
Sobre o Regulamento de Réxime Interno e sobre os Estatutos
Artigo 32. O Regulamento de Réxime Interno
Artigo 33. Ámbito e interpretación dos Estatutos
Artigo 34. A modificación dos Estatutos
Volver ó inicio da páxina

Estatutos do cine clube Lumiére-Vigo
 
 

CAPÍTULO PRIMEIROVolver ó inicio da páxina
DA FUNDACIÓN, CARÁCTER, SEDE, MEDIOS E FINS DO CINECLUBE
 

Artigo 1. Constitución do CineclubeVolver ó inicio da páxina

           No día 2 de febreiro de 1993 queda constituído o CINECLUBE LUMIÈRE VIGO. Constitúese como entidade asociativa sen ánimo de lucro, tanto na a súa xestión como no momento da a súa disolución, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, ó amparo do disposto na Lei Orgánica 1/2002 do 22 de marzo, e normas complementarias.

            Esta asociación constitúese por tempo indefinido

 
 

Artigo 2. Os fins do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            Son fins declarados do Cineclube a promoción e a difusión da cultura cinematográfica, o estímulo da vocación e interese polo estudio e goce do cine e o acercamento deste á sociedade dun xeito crítico e educativo.

            Difundir a través do cine valores como a tolerancia, a saúde, a paz o respeto o medio ambiente, e tódolos recollidos na Declaración de Dereitos Humanos.
 

Artigo 3. Actividades do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            A actividade principal do Cineclube consistirá en programar proxeccións cinematográficas periódicas. Ademais programará outras actividades, sempre en relación co cine, como poden ser:

a) Programación de ciclos temáticos de cine.

b) Realización de actos culturais e educativos dende o tema da arte e a cultura cinematográfica e o seu estudio, así como dende a relación do cine coas demais artes e manifestacións culturais e sociais.

c) Apoio a novas creacións cinematográficas e audiovisuais.

d) Organización de cursos sobre temas relacionados co estudio da cultura, a arte e a técnica cinematográficas, e doutros aspectos relacionados co cine en xeral.

e) Programación de proxeccións cinematográficas en colaboración con outras entidades ou asociacións de interese social ou cultural, sempre que o papel do Cineclube estea en consonancia cos fins do mesmo.

f) Organización de concursos públicos de temática cinematográfica.

g) Edición dun boletín informativo ou doutro tipo de canle impresa para a difusión da cultura cinematográfica e das actividades do Cineclube.

h) Difusión da obra impresa, videográfica, multimedia ou noutros soportes similares sobre temas cinematográficos.

            Sempre que as actividades realizadas polo Cineclube comprendan proxeccións cinematográficas, estas levaranse a cabo respectando na medida do posible as versións orixinais das obras proxectadas.

            Estas actividades realizaranse principalmente no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, sen menoscabo de que poida realizalas fóra dese ámbito.
 

            3.1. Sección de Mocidade

            Se crea unha Sección de Mocidade dentro da Asociación, formada polas persoas asociadas maiores de dezaoito anos e menores de trinta que así o soliciten á Xunta Directiva. Terán os mesmos dereitos e obrigas co resto de asociados/as. A sección se reunirá como mínimo cada tres meses, sendo convocada polo/a vocal encargado da coordinación desta sección con sete días de antelación. Poderán estar presentes en tódolos foros e organismos xunenís para difundir os fins e obxectivos da Asociación e presentarán as súas propostas e proxectos ante a Asemblea Xeral.

            3.2. Sección de Asuntos Sociais

            Se crea unha Sección de Asuntos Sociais dentro da Asociación, formada polas persoas asociadas maiores de dezaoito anos que así o soliciten á Xunta Directiva. Terán os mesmos dereitos e obrigas co resto de asociados/as. A sección se reunirá como mínimo cada tres meses, sendo convocada polo/a vocal encargado da coordinación desta sección con sete días de antelación. Poderán estar presentes en tódolos foros e organismos que se consideren oportunos para difundir os fins e obxectivos da Asociación e presentarán as súas propostas e proxectos ante a Asemblea Xeral.

            Os seus obxectivos principais consistirán en fomentar e dinamizar a participación, colaboración e realización de actividades que inclúan a colectivos socialmente desfavorecidos ou con escasa presencia social. Entre eles: Muller, Maiores, Desempregados, Emigrantes, e calquera outro que a asociación estime oportuno para a consecución dos seus fins.

 
 

Artigo 4. A Federación de Cineclubes de GaliciaVolver ó inicio da páxina

            O Cineclube Lumière Vigo está integrado na Federación de Cineclubes de Galicia (a cal está integrada á súa vez na Confederación Estatal de Cineclubes).
 
 

Artigo 5. A sede e ámbito territorial do Cineclube Volver ó inicio da páxina

            A sede e o domicilio social do Cineclube están, na actualidade, na rúa Doutor Cadaval, número 33, andar 4º, letra A de Vigo.

            Os cambios no domicilio social, na sede do Cineclube ou a utilización doutros locais adicionais na mesma ou noutras cidades, serán acordados pola Asemblea Xeral de Socios.

           5.1. Ámbito territorial do Cineclube

            O ámbito de actuación do Cineclube é fundamentalmente municipal, sen prexuízo de que poda ampliarse dentro da Comunidade Autónoma o incluso a nivel estatal.


          



 
 

CAPÍTULO SEGUNDOVolver ó inicio da páxina
DOS SOCIOS E ÓRGANOS RECTORES DO CINECLUBE
 

Artigo 6. Os órganos do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            Os órganos rectores do Cineclube son: a Asemblea Xeral de Socios, composta por tódolos socios do Cineclube, e a Xunta Directiva, o seu mandato terá unha duración de dous anos.
 
 

Artigo 7. Os socios do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            Só poderán ser socios aquelas persoas que estean ó corrente no pago da cota anual obrigatoria vixente en cada momento, segundo especifica o artigo 5 dos presentes Estatutos.

            Son socios do Cineclube os así inscritos no Libro de Inscrición de Socios. Esta inscrición consiste en indicar número de socio, nome e apelidos, número do seu D.N.I. ou do pasaporte no caso de estranxeiros, e data de inscrición como socio, así como calquera outro dato esixido pola lexislación vixente. Neste libro farase constar, a seguir da inscrición citada, a data e causa de perda da condición de socio de quen sexa expulsado do Cineclube por decisión da Asemblea Xeral de Socios, ou de quen solicite a súa baixa como socio, ou de quen a perda por falta de pago da cota anual obrigatoria.

            A Xunta Directiva poderá rexeitar unha solicitude de inscrición dun socio. O solicitante será informado por escrito da negativa e terán un prazo dun mes para, en escrito razoado presentado ante a Xunta Directiva, solicitar a súa inscrición á Asemblea Xeral de Socios. Esta solicitude será incluída na orde do día da seguinte reunión desta e a súa decisión será irrevocable.

            Son Colaboradores do Cineclube aquelas persoas ou entidades que aporten axuda económica para a realización das actividades do mesmo, segundo o acordado pola Xunta Directiva. Os Colaboradores estarán obrigados polos presentes Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e as decisións legais da Asemblea Xeral de Socios e da Xunta Directiva.
 
 

Artigo 8. Réxime dos sociosVolver ó inicio da páxina

            Tódolos socios teñen os mesmos dereitos e as mesmas obrigas; agás os socios menores de idade non emancipados que, aínda que poidan pertencer ó Cineclube, non poderán votar nas reunións nin poderán ser elixidos para a Xunta Directiva.

Apartado 8.1. Dereitos dos sociosVolver ó inicio da páxina

            Os socios do Cineclube terán os seguintes dereitos:

a) Asistir ás reunións da Asemblea Xeral de Socios e, se son maiores de idade ou menores de idade emancipados, votar nelas e elixir e ser elixidos para a Xunta Directiva

b) Participar nas Comisións de Traballo aprobadas pola Xunta Directiva segundo o estipulado nos Estatutos e no Regulamento de Réxime Interno.

c) Dirixir escritos, propostas, queixas, alegacións e peticións ós órganos rectores do Cineclube. Estas peticións serán oídas en reunión e votadas.

d) Recibir información relacionada con estas actividades, sobre as reunións da Asemblea Xeral de Socios mediante avisos públicos durante as actividades habituais do Cineclube e mediante exposición nos locais do Cineclube.

e) Dispoñer do material do Cineclube na mesma sede ou con servicio de préstamo baixo o control dos responsables do mesmo.

f) Consultar os Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno, os acordos e actas dos órganos rectores, o estado de contas da asociación, presupostos e demais documentación contable e administrativa do Cineclube, sempre baixo a supervisión da/do Presidente ou da/do Secretaria/o ou das persoas que estes designen. Respecto ó Libro de Socios, por mor da confidencialidade dalgúns datos, os socios só poderán acceder a unha lista actualizada dos socios na que figurará exclusivamente o nome e apelidos e o número de cada socio.

g) Os que lle atribúan as decisións legais dos órganos rectores do Cineclube, os Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno.

Apartado 8.2. Deberes dos sociosVolver ó inicio da páxina

            Os socios do Cineclube terán os seguintes deberes:

a) Aboar as cotas establecidas para a asistencia ás actividades organizadas e que fosen aprobadas pola Xunta Directiva e, no seu caso, pola Asemblea Xeral de Socios, así como a cota anual obrigatoria vixente nese momento. Ningunha persoa poderá ser socio do Cineclube se non aboa esta cota

b) Aportar os datos e documentos para a súa correcta inscrición no Libro de Socios, ou para posteriores comprobacións e actualizacións, así como dúas fotografías tamaño carné recentes.

c) Respectar os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e acatar as decisións legais dos órganos rectores da asociación.

d) Desempeñar os cargos para os que foron elixidos

e) Asistir ás Asembleas Xerais.

Apartado 8.3. Baixa dos sociosVolver ó inicio da páxina

            A perda da condición de socio non implicará a devolución das cotas anuais obrigatorias pagadas. Os socios do cineclube deixarán de selo polas seguintes causas:

a) A non renovación da cota anual obrigatoria causará baixa automática.

b) Baixa voluntaria, que será comunicada e aceptada pola Xunta Directiva, e que non eximirá ó socio de cumprir as obrigacións que teña pendentes co Cineclube.

c) Decisión legal da Asemblea Xeral de Socios a proposta da Xunta Directiva, contra aqueles socios que cometesen actos indignos ou graves contra o Cineclube, o seu patrimonio ou o seu prestixio.

d) Outras causas contempladas pola lexislación vixente, polos Estatutos ou polo Regulamento de Réxime Interno da asociación.

Apartado 8.4. Réxime de sancións ós sociosVolver ó inicio da páxina

            Os socios poderán ser sancionados pola Xunta Directiva por infrinxir de xeito reiterado estes Estatutos ou o Regulamento de Réxime Interno, por danar o material ou o patrimonio do Cineclube de xeito intencionado ou irresponsable, por deteriorar o prestixio do Cineclube ou desacreditar á asociación ou ós seus socios.

            As sancións aplicadas estarán en función da gravidade dos feitos imputados e suporán a suspensión de todos ou parte dos dereitos dos socios recollidos nestes Estatutos ou no Regulamento de Réxime Interno.

            As sancións nunca poderán ser económicas. A tales efectos non se considerarán sancións económicas aquelas que impliquen que o socio sancionado deba pagar as cotas de actividades aplicables a non socios ou a cancelación de abonos ou descontos nas actividades do Cineclube. En ningún caso, lle serán devoltas ó socio sancionado as cantidades satisfeitas en concepto de conta anual obrigatoria e/ou de cotas de actividade. O socio que fose sancionado por causar un deterioro no patrimonio do Cineclube, terá que reintegrar ou resarcir ó Cineclube Lumière polo dano causado.

            Tódalas sancións impostas a un socio serán inscritas no Libro de Socios.

 
 

Artigo 9. A Asemblea Xeral de Socios e a súa convocatoriaVolver ó inicio da páxina

            A Asemblea Xeral de Socios é o máximo órgano rector do Cineclube. Celebrará unha reunión ordinaria cada ano dentro da segunda quincena do mes de setembro, e celebrará reunións extraordinarias cando así o soliciten, en escrito asinado, alomenos a décima parte dos socios, cando a convoque a Xunta Directiva, ou alomenos tres dos seus membros, ou a/o Presidenta/e.

            En tódolos casos, serán convocadas pola Presidencia do Cineclube, e comunicaranse ós socios cunha antelación non inferior a quince días naturais por escrito no domicilio d@s asociad@s, indicando a orde do día a tratar e o lugar, data e hora de reunión. Tamén haberá de sinalarse a hora da segunda convocatoria, sen que entre a primeira e a segunda convocatoria poida mediar un prazo inferior a media hora.
 
 

Artigo 10. As reunións da Asemblea Xeral de SociosVolver ó inicio da páxina

            As reunións da Asemblea Xeral de Socios quedarán validamente constituídas (no lugar, data e hora que marque a convocatoria) cando asistan, presentes ou representados nunha primeira convocatoria, alomenos a metade máis un dos socios, ou na segunda convocatoria, co número de socios asistentes.
 
 

Artigo 11. As decisións na Asemblea Xeral de SociosVolver ó inicio da páxina

            As decisións da Asemblea Xeral de Socios adoptaranse co voto da maioría simple dos socios reunidos cando os votos afirmativos superen ós negativos, non serán computables os votos en branco nin as abstencións e obrigarán a tódolos socios do Cineclube.

            Será precisa a maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para:

            a) Ratificar a expulsión d@s asociad@s por proposta da Xunta Directiva.
            b) Aprobar a federación con outras asociacións.
            c) Solicitar a declaración de utilidade pública.
            d) No caso de que o motivo da reunión sexa decidir a disolución do Cineclube.

 
 

Artigo 12. Competencias da Asemblea Xeral de SociosVolver ó inicio da páxina

            A Asemblea Xeral de Socios disporá das seguintes atribucións:

a) Aprobar o plan de actividades propostos pola Xunta Directiva

b) Examinar e aprobar as contas e balances do mesmo período anterior.

c) Examinar e aprobar a memoria de actividades.

d) Planificar as actividades a realizar polo Cineclube no período subseguinte.

e) Aprobar o orzamento proposto pola Xunta Directiva.

f) Aprobar e modificar o Regulamento de Réxime Interno da asociación.

g) Actualizar as cotas extraordinarias e ordinarias.

h) Acordar a remuneración, de ser o caso, dos membros dos órganos de representación.

i) Tódalas demais atribucións que resulten dos estatutos e que non estean expresamente conferidas á Asemblea xeral ou á Xunta Directiva.

 

 
 

Artigo 13. Competencias da Asemblea Xeral ExtraordinariaVolver ó inicio da páxina

            A Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios disporá das seguintes atribucións:

a) A disolución do Cineclube, designando neste caso liquidadores ó efecto

b) Elixir unha nova Xunta Directiva, renovala en parte dos seus membros ou reelixir a Xunta Directiva xa existente.

c) Elixir ó Director-Xerente da Asociación.

d) Modificar os Estatutos.

e) Aprobar a federación ou establecer relacións con outras asociacións.

f) Ratificar a expulsión de asociad@s a proposta da Xunta Directiva.

g) Aprobar o alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais.

h) Solicitar a declaración de utilidade pública.

 

Artigo 14. Acordos da Asemblea XeralVolver ó inicio da páxina

            Os acordos adoptados conforme cos preceptos anteriores obrigarán a todol@s asociad@s , mesmo @s non asistentes.

            As sesións comenzarán coa lectura por parte d@ secretari@ da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada. A continuación comunicará a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que corresponda, procedéndose á súa aprobación nos termos contidos nestes estatuos, segundo a materia que se trate.

            Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día abrírase, se procede, o/a Presidente ou o solicitan un 10% d@s asociad@s, unha quenda de preguntas e xusestións. Concluído este punto, a presidencia dará por rematada a sesión.
 
 

Artigo 15. A convocatoria e reunión da Xunta DirectivaVolver ó inicio da páxina

            A Xunta Directiva reunirase por convocatoria feita a tódolos seus membros cunha antelación non inferior a corenta e oito horas da/do Presidenta/e e da/do Secretaria/o, ou ben por convocatoria de alomenos tres dos seus membros. A convocatoria pode facerse ben por escrito, persoal ou telefonicamente, con ou sen orde do día, indicando lugar, data e hora de celebración.

            A Xunta Directiva constituírase validamente en primeira convocatoria se están presentes a metade máis un dos seus membros. Se non estivese presente ese quórum, a Xunta Directiva volverá a reunirse media hora máis tarde en segunda convocatoria e quedará validamente constituída calquera que sexa o número de asistentes sempre que estean presentes alomenos tres membros da Xunta Directiva.

            As decisións da Xunta Directiva adoptaranse co voto da maioría simple.

            Os socios que o desexen poderán dirixir escritos, propostas, peticións, alegacións, etc. á Xunta Directiva, que serán incluídas na orde do día, lidas ou oídas en reunión e votadas, comunicándose ó socio a resolución tomada.
 
 

Artigo 16. Competencias da Xunta DirectivaVolver ó inicio da páxina

            A Xunta Directiva é o órgano de representación, executivo, xestor e administrativo do Cineclube. Tódalas persoas que a compoñen deberán ser asociad@s, maiores de idade, estar en pleno uso dos dereitos civis e non estr incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente. Estará formada por: president@, secretari@, tesoreir@ e, de ser o caso, vocais. Tódolos cargos son gratuitos sen prexuizo do dereito a ser reembolsados polos gastos que incurran no exercicio do seu cargo debidamente xustificados.

            Se alguén da Xunta Directiva está contratado como traballador, a categoría profesional e o salario será según convenio.

            Os cargos deberán ser elexidos e revocados pola Asemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato será de dous anos, podendo ser reelexidos.

            As súas competencias son:

a) Ostentar a representación legal do Cineclube.

b) Administrar os recursos do Cineclube, seguindo o presuposto de ingresos e gastos aprobado pola Asemblea Xeral de Socios.

c) Levar a cabo as actividades planificadas pola Asemblea Xeral de socios, e o resto das decisións legais desta, e dirixir os traballos destinados a tales efectos.

d) Acordar a solicitude de subvencións, axudas, convenios de colaboración a institucións públicas ou privadas estatais, autonómicas, provinciais, comarcais ou municipais.

e) Convocar as reunións das Asembleas Xerais de Socios.

f) Preparar o orzamento de ingresos e gastos, balances e contas do exercicio pechado e a planificación de actividades do Cineclube para cada período e sometelo á aprobación da Asemblea Xeral de Socios.

g) Propoñer á persoa idónea para a súa contratación como Director/a-Xerente e sometelo á aprobación da Asemblea Xeral de socios.

h) Convocar ás súas reunións ós socios interesados para escoitar as súas propostas ou alegacións, así como para atender a calquera procedemento do disposto nestes Estatutos ou no Regulamento de Réxime Interno que non sexa competencia da Asemblea Xeral.

i) Resolver sobre a adimisión de nov@s asociad@s.

 

           

Apartado 16.1. Competencias da/do Presidenta/eVolver ó inicio da páxina

            A/O Presidenta/e do Cineclube executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva ou pola Asemblea Xeral de Socios, ou designará ós membros da Xunta Directiva que os executen. Terá as seguintes atribucións e obrigacións:

a) Convocar, presidir e levantar as reunións que celebre a Xunta Directiva ou a Asemblea Xeral de Socios, delegando noutro membro da Xunta Directiva en caso necesario.

b) Ordenar os pagos acordados validamente.

c) Xestionar no nome do Cineclube os convenios de colaboración que se decidan legalmente.

d) Designar delegado temporal para as súas funcións e para as funcións dos demais membros da Xunta Directiva en caso necesario. Tamén designar ó membro da Xunta Directiva que realizará as funcións de Presidenta/e en caso de ausencia, enfermidade ou vacacións. Se a/o Presidenta/e non tivese designado a ningunha persoa, sería a/o Secretaria/o quen o substituíse, ata que a/o Presidente nomease a outro ou ata que a Xunta Directiva elixise a algún dos seus membros a tal fin.

e) Se así o estipula o Regulamento de Réxime Interno, a/o Presidenta/e terá voto de calidade en caso de empate nas votacións da Xunta Directiva ou da Asemblea Xeral de Socios, isto é: desfará o empate co seu voto. A/O Presidenta/e pode decidir non exercer esta facultade.

f) Representar ó Cineclube oficialmente ante calquera organismo ou entidade, así como ante toda clase de actos e contratos, tanto xudicial como extraxudicialmente, e asinar e outorgar poderes e calquera outro documento.

g) Xestionar e fomentar as relacións externas e públicas do Cineclube.

h) Tódalas atribucións que lle correspondan segundo estes Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno.

Apartado 16.2. Competencias da/do Secretaria/oVolver ó inicio da páxina

            A/O Secretaria/o da Xunta Directiva terá as seguintes atribucións e obrigacións.

a) Tramitar as inscricións e solicitudes dos socios, entregar os carnés, e levar o Libro de Socios.

b) Recibir en nome da Xunta Directiva os traballos administrativos, redactar os seus documentos, os escritos dos socios, dirixidos tanto á Xunta Directiva como á Asemblea Xeral de Socios, rexistralos, arquivalos, custodialos e velar porque sexan entregados ou comunicados no menor tempo posible ós órganos competentes.

c) Controlar a saída e entrada de documentación do Cineclube, rexistrala, almacenala e distribuíla.

d) Velar polo cumprimento das disposicións vixentes en materia de asociacións, custodiar a documentación oficial do Cineclube, cursar as comunicacións pertinentes ás autoridades civís.

e) Notificar as convocatorias, levantar acta das reunións, expedir certificacións destas co visto e prace do president@ da Asemblea Xeral de Socios e da Xunta Directiva.

f) Exercer temporalmente as funcións da/do Presidenta/e por causa de ausencia, enfermidade ou vacacións ata que a/o Presidenta/e ou, no seu caso, a Xunta Directiva elixa un substituto entre os seus membros.

g) Tódalas atribucións que lle correspondan segundo estes Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno.

Apartado 16.3. Competencias da/do Tesoureira/oVolver ó inicio da páxina

            A/O Tesoureira/o terá as seguintes atribucións e obrigacións:

a) Dirixir a contabilidade do Cineclube, levar conta dos ingresos e os gastos, intervindo nas operacións económicas do Cineclube.

b) Recadar e custodiar os fondos do Cineclube, e dar cumprimento das ordes de pago decididas legalmente pola Asemblea Xeral de Socios e ordenadas pola/o Presidenta/e.

c) Formalizar o presuposto anual de ingresos e gastos, e o estado de contas e balances do último período.

d) Realizar os informes económicos e os presupostos correspondentes a cada unha das actividades do Cineclube así como os presupostos estimados para ós proxectos que se estean a estudiar.

e) Tódalas atribucións que lle correspondan segundo estes Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno.

Apartado 16.4. Competencias das/dos vocaisVolver ó inicio da páxina

            As/Os vocais terán as seguintes atribucións e obrigacións:

a) Suplir ós demais membros da Xunta Directiva en caso necesario.

b) Executar os distintos servicios e actividades do Cineclube, ben dirixindo as Comisións de Traballo que se constitúan, no seu caso, ben porque así llelo encargue a Xunta Directiva.

c) Presentar proxectos, manter o contacto entre a Xunta Directiva e os socios, e do Cineclube co entorno social.

d) Tódalas atribucións que lle correspondan segundo estes Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno.
 

Apartado 16.5. Competencias da/do Director-XerenteVolver ó inicio da páxina

            A/O Director-Xerente terá as seguintes atribucións e obrigacións:

a) Xestionar, coordinar e executar os distintos programas e actividades do Cineclube aprobados na Asemblea Xeral de Socios.

b) O tipo de contrato, a súa categoría profesional e salario será decidido na Asemblea Xeral de Socios

c) Non forma parte da Xunta Directiva. Poderá asistir ás súas reunións e ás da Asemblea Xeral de socios con voz pero sen voto.

d) A súa xestión estará sometida ó control da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral de Socios. Deberá emitir avaliacións e informes cando sexa requirid@, e como mínimo, unha vez cada ano antes da celebración da Asemblea Xeral de Socios.
 

Artigo 17. Cese nos cargos da Xunta DirectivaVolver ó inicio da páxina

            Os cargos da Xunta Directiva cesarán na a súa función polas seguintes causas::

            a) Renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva.
            b) Por expiración do mandato
            c) Por incumprimento das obrigas encomendadas.


 

Artigo 18. As Asembleas Ordinarias de Socios e a Xunta Directiva Volver ó inicio da páxina

            A Xunta Directiva é a responsable de facer a convocatoria previa, indicando a orde do día que a Xunta Directiva propón tratar. Deberá acompañar: un informe sobre o nivel de consecución dos obxectivos que a Asemblea Xeral de Socios se propuxera na última reunión anterior; un informe sobre o estado de contas e sobre o grao de cumprimento dos presupostos de ingresos e gastos para o vindeiro período; a información dispoñible para elaborar programas de actividades que se podan levar a cabo.

            Se a Xunta Directiva quere facer outra proposta, incluirá tamén esa/s proposta/s, explicándoa/s, na orde do día. Igualmente os socios que o desexen poderán presentar, mediante escrito razoado dirixido á Xunta Directiva, calquera proposta á Asemblea Xeral de Socios. Tódalas estas propostas serán oídas, debatidas e votadas.
 



 
 

CAPÍTULO TERCEIRO
SOBRE O RÉXIME ECONÓMICO
 

Artigo 19. Recursos do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            Os recursos do Cineclube procederán das cotas de inscrición e actividades que paguen os seus socios, das contribucións de colaboradores, das subvencións, créditos e axudas que reciban de entidades públicas e privadas e doutras fontes de financiamento legal.

            Os socios do Cineclube Lumière Vigo pagarán unha cota anual obrigatoria. Esta cota permitirá ó socio gozar dos servicios e das actividades do Cineclube nos termos que establezan os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno da asociación e as decisións da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral de Socios.

            Se ó cabo do ano o socio non pagase a cota anual, entendérase que non desexa renovar a súa condición de socio e será dado inmediatamente de baixa. Esta baixa automática en ningún caso implicará que o socio non poida volver selo en calquera momento, previo pago da cota anual vixente. Só os socios a corrente no pago da cota anual serán considerados como tales. Esta cota anual poderán ser actualizada periodicamente.

            As cotas de actividade serán asignadas pola Xunta Directiva para cada actividade a realizar. Así mesmo a Xunta Directiva, en atención á labor de difusión social que ten por finalidade realizar, determinará as normas polas que persoas alleas á asociación poderán participar nas súas actividades así como as cotas que terán que pagar.

            O Cineclube, en ningún caso poderá distribuír os recursos obtidos entre @s asociad@s, estes deberán destinarse exclusivamente ó cumprimento dos seus fins. Os fondos estarán a disposición de President@, Tesoreir@ e secretari@ indistintamente coa sinatura de calquera deles nas entidades bancarias que se acorden.

 
 

Artigo 20. Patrimonio do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            Neste momento o patrimonio do Cineclube é de 6000 euros.
 

Artigo 21. Exercicio económico do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            O exercicio económico do Cineclube será anual, o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano. Así, o seu orzamento deberá ser aprobado pola Asemblea Xeral Ordinaria do exercicio económico que corresponda, e a liquidación do orzamento terase que presentar necesariamente na Asemblea Xeral Ordinaria inmediatamente posterior o remate do exercicio.
 
 

Artigo 22. Balance económico do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            Anualmente e con referencia ó derradeiro día do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e o balance de situación, que se formalizará nunha memoria que será posta a disposición de asociad@s durante un prazo non inferor a quince días do día sinalado para Asemblea Xeral Ordinaria que deberá votalo.
 
 

Artigo 23. Disposición dos fondos do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            Para a disposición dos fondos do Cineclube nas entidades bancarias onde a asociación os ten depositados, deberá a entidade bancaria ter recoñecidas as sinaturas que correspondan @ presidente, secretari@ e tesoreir@ para o seu emprego.

           



 
 

CAPÍTULO CUARTOVolver ó inicio da páxina
OUTRAS DISPOSICIÓNS
 

Artigo 24. O Libro de ActasVolver ó inicio da páxina

            Das reunións da Asemblea Xeral de Socios e da Xunta Directiva, farase constar en Libro de Actas: a data, hora e lugar de reunión, os asistentes, os temas debatidos e as decisións adoptadas cos resultados das votacións. Cada unha destas actas irá asinada pola/o Presidenta/e e pola/o Secretaria/o. A primeira acta deste libro é a de constitución do Cineclube Lumière Vigo, constando a relación dos socios fundadores e as sinaturas de todos eles.
 
 

Artigo 25. Os rexistros contablesVolver ó inicio da páxina

            Este Cineclube expedirá recibos polas cantidades que ingrese por calquera concepto, conservará as facturas que acrediten os seus gastos e levará actualizados os correspondentes Libros de Rexistro de Ingresos e Gastos así como, no seu caso, os Libros de Contabilidade ou fiscais que esixan as leis vixentes.
 
 

Artigo 26. Obrigas cos Rexistros OficiaisVolver ó inicio da páxina

            De acordo co disposto na Orde de Creación do Rexistro Oficial de Cineclubes de Galicia, calquera cambio nas circunstancias deste Cineclube será notificado á Consellería de Educación e Cultura, ou organismo que a substitúa. Tamén se comunicará este cambio a calquera outro rexistro oficial no que estivese inscrito o Cineclube.
 
 

Artigo 27. O uso do galegoVolver ó inicio da páxina

            Os documentos, os programas e a publicidade deste Cineclube serán redactados en lingua galega. O Cineclube como entidade xurídica e os membros da Xunta Directiva e os seus delegados comprométense a utilizar preferentemente a lingua galega por escrito ou oralmente nos actos e actividades nas que estea presente ou representado o Cineclube Lumière Vigo.
 
 

Artigo 28. O carné de socioVolver ó inicio da páxina

            No momento da súa inscrición no Libro de Socios (artigo 8), os socios recibirán un carné de socio. Este carné de socio, que é nominal e intransferible, permitiralles identificarse como tales nas actividades organizadas polo Cineclube.

            Sen embargo, será unicamente o Libro de Inscrición de Socios o documento que acredite a condición de socio e os dereitos e obrigacións contraídas polo socio. En concreto, o socio que, por calquera causa, deixase de selo deberá devolver o seu carné de socio e se non o fixese entenderase que ese carné carece de validez.

            No momento de formalizar a súa inscrición, o socio que o solicite poderá obter unha copia dos Estatutos e do Regulamento de Réxime Interno.
 
 

Artigo 29. Independencia do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            O Cineclube declárase á marxe de calquera ideoloxía, sendo rexidas as decisións da Asemblea Xeral de Socios e da Xunta Directiva polos fins estatutarios.
 



 
 

CAPÍTULO QUINTOVolver ó inicio da páxina
SOBRE A DISOLUCIÓN DO CINECLUBE
 

Artigo 30. Causas de disolución do CineclubeVolver ó inicio da páxina

            A duración do Cineclube Lumière Vigo será indefinida. O Cineclube só poderá ser disolto por algunha das seguintes causas:

a) Por acordo da Asemblea Extraordinaria de Socios convocada expresamente con esta finalidade. Para que este acordo sexa válido terá que ser aprobado por alomenos dous tercios dos socios presentes (artigo 12).

b) Por sentencia xudicial.

c) Por outras causas legalmente estipuladas.

Artigo 31. O acordo de disolución e a Comisión LiquidadoraVolver ó inicio da páxina

            A Asemblea Extraordinaria de Socios que disolva a asociación nomeará os liquidadores, preferiblemente independentes, podendo estes ser socios ou non. Tamén pode acordar que a última Xunta Directiva se transforme en Comisión Liquidadora.

            Os liquidadores, constituídos en Comisión Liquidadora, logo de satisfacer as débedas, as cargas e obrigas do Cineclube, destinarán os bens sobrantes a entidades sen ánimo de lucro con fins similares e con domicilio social  en Vigo ou nunha localidade próxima. Os bens serán entregados preferentemente a outro Cineclube.
 



 
 

CAPÍTULO SEXTOVolver ó inicio da páxina
SOBRE O REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO E SOBRE OS ESTATUTOS
 

Artigo 32. O Regulamento de Réxime InternoVolver ó inicio da páxina

            A Asemblea Xeral de Socios, a proposta da Xunta Directiva, aprobará un Regulamento de Réxime Interno que organizará o funcionamento interno do Cineclube de acordo co disposto nos presentes Estatutos e que regulará alomenos as seguintes materias:

a) Símbolos, anagramas ou logotipos do Cineclube.

b) Normas para a contratación de persoal.

c) Convocatoria, votación e funcionamento das reunións da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral de Socios.

d) Normas para a elección de cargos da Xunta Directiva e a súa substitución en caso de baixa temporal ou definitiva.

e) Funcionamento e organización das actividades e, no seu caso, das Comisións de Traballo.

 

Artigo 33. Ámbito e interpretación dos EstatutosVolver ó inicio da páxina

            O Cineclube, os seus socios e os seus órganos rectores deberán axustarse ó dictado polos presentes Estatutos e rexerse polo Regulamento de Réxime Interno. A Xunta Directiva será o órgano competente para interpretar os Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno, e cubrir as súas carencias, deficiencias e contradiccións, sempre ó abeiro da lexislación vixente.

            As decisións que vaian contra os Estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición ante a Asemblea Xeral no prazo de dez días hábiles. A partires da resolución deste recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer ante a xurisdicción ordinaria
 
 

Artigo 34. A modificación dos EstatutosVolver ó inicio da páxina

            Estes Estatutos só poden ser modificados por acordo votado por maioría simple dos socios reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios validamente convocada e constituída.

            Estes Estatutos modifican tódolos estatutos anteriores e entrarán en vigor ó día seguinte da a súa aprobación pola Asemblea Xeral de socios do Cineclube.




 
 
Estes Estatutos foron votados e aprobados pola Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios celebrada o día 30 de setembro de 2003, tal e como consta na correspondente acta da reunión.

 

Volver ó inicio da páxina




Podes contactar con nós por correo electrónico
info@lumierevigo.com
ou ben no teléfono e dirección que podes atopar aquí