Presentación

     O Cineclube Lumière de Vigo é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que ten por fin social a promoción e difusión da cultura cinematográfica. Para levar a cabo esta función, o Cineclube Lumière programa semanalmente películas en versión orixinal subtitulada.

     Ademais desta actividade principal o Cineclube Lumière realiza outras actividades relacionadas co mundo audiovisual, tales como cursos sobre cine ou vídeo, concursos, colaboracións con diversas entidades e organizacións sociais, etc.

     O Cineclube Lumière de Vigo foi fundado no ano 1993 por iniciativa duns cantos afeccionados ó cinema da cidade de Vigo. A idea xurdiu ante a falta de espacio na cidade para certas realidades cinematográficas e tamén para recuperar a tradición cineclubista na cidade que esmorecera a mediados dos oitenta. O vivir cotián do Cineclube Lumière demostrou que esta iniciativa era viable co apoio dos cidadáns e das institucións da cidade. O traballo das sucesivas directivas afianzou o proxecto e incentivou que outros colectivos da cidade se interesasen polo cinema.

     As principais entidades que colaboran co Cineclube Lumière son o Concello de Vigo e a Federación de Galicia de Cineclubes. Tamén existen colaboradores puntuais como a Alianza Francesa de Vigo e o Colexio de Arquitectos de Vigo. Pincha para obter máis información.

C/ Doctor Cadaval, 33 - 4ºA - CP 36202 - Apdo.190 - Vigo (Pontevedra) - ESPAÑA   Escríbenos