Colaboracións

     Segue aberto o prazo de inscrición para o taller básico de fotografía dixital. Tamén iniciamos un obradoiro básico de photoshop. O teléfono de información é 697 350 836. Tamén na nosa web.

     Grazas ao acordo coas librerías LIBROURO (rúa Eduardo Iglesias, núm. 12) todas as persoas asociadas terán un desconto do 5% nas compras logo da presentación do carné.

     Poñemos no voso coñecemento que o CineClub conta cunha pequena videoteca de 200 títulos, elixidos cos mesmos criterios de interese e calidade có resto da programación. O servizo é de balde para as persoas asociadas.

     Todas as persoas asociadas que dispoñan de correo electrónico poderán solicitar o envío da programación.

     ¿Apetecete organizar un ciclo de cine?

     Se ti, axuntamento, entidade privada ou persoa estas interesado en programar un ciclo de cine ou proxección dun filme, podes consulta-lo. Nós encargámonos da programación e contratación dos filmes.

     Se tes algunha dúbida ou pregunta, ponte en contacto con nós sen compromiso.

     Colaboramos habitualmente coa Alianza Francesa de Vigo e co Colexio de Arquitectos de Vigo e con entidades como Caixanova e diversas Concellalías.


C/ Doctor Cadaval, 33 - 4ºA - CP 36202 - Apdo.190 - Vigo (Pontevedra) - ESPAÑA / Tlf: 986 220 910 - Fax: 986 220 910   Escríbenos