Consulta e baixa a nosa
programación, ciclos e colaboracións
Información para socios:
estatutos, regulamento, prezos...
Os socios podedes velas pelis
da videoteca
Forma de contacto e onde podes
atoparnos
Luns 6 de febreiro as 20:30h - AUDITORIO DO CONCELLO. PRAZA DO REI
CEA MAI FERICITA FATA DIN LUME
"A MOZA MÁIS FELIZ DO MUNDO"
ROMANÍA/FINLANDIA - 2009
Sinopse
Unha moza que vive nunha pequena vila de Romanía acaba de gañar un
coche nun concurso dunha compañía de refrescos. Viaxa cos seus pais a
Bucarest para recollelo e participar na rodaxe do anuncio testemuñal. A
dinámica parece sinxela: ela terá que sentar tras o volante do coche
cun refresco na man e dará as grazas á empresa que lle outorgou o
premio. Nos descansos da rodaxe, as conversas entre ela e os seus pais
rematan nunha pelexa familiar. A esencia da discusión xira en torno ao
que facer co coche.
Ficha técnica
Dirección: Radu Jude
Guión: Radu Jude e Augustina Stanciu
Fotografía: Marius Panduru
Montaxe: Catalin Cristutiu
Duración: 99 minutos
Cor - V.O.S.C.
Ficha artística
Vasile Muraru
Andreaa Bosneag
Violeta Haret
Doru Catanescu