Luns 20 de febreiro - AUDITORIO DO CONCELLO. PRAZA DO REI
    

LAS ACACIAS

"AS ACACIAS"    ARXENTINA/ESPAÑA - 2011


*PREMIO CÁMARA DE OURO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CANNES, 2011.
*PREMIO DO XURADO MOZO DE FRANCIA E ALEMAÑA, E PREMIO DA ASOCIACIÓN DE DIRECTORES INDEPENDENTES PARA A DISTRIBUCIÓN (ACID/CCAS) DURANTE A SEMANA INTERNACIONAL DA CRÍTICA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CANNES, 2011.
*FILME GAÑADOR DO PREMIO HORIZONTES, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN, 2011
*GUIÓN PREMIADO CO CORAL AO MELLOR GUIÓN INÉDITO NA 29º EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DO NOVO CINE LATINOAMERICANO DA HABANA, 2007. NO 2010 ACADOU O PREMIO ALBA DE POST- PRODUCIÓN NO MESMO FESTIVAL.


Sinopse

    Un camioneiro arxentino, acostumado á soidade e intimidade da a súa cabina recibe un sorprendente encargo do xefe: debe levar a unha muller e a súa filla a Paraguai, o que supón máis de mil cincocentos quilómetros de viaxe cunha estraña coa que non ten gañas de falar. Aínda que a súa postura inicial era a de manter o silencio con ela durante a ruta, a situación cambiará radicalmente a medida que pasa o tempo.


Ficha técnica

Dirección: Pablo Giorgelli
Guión: Salvador Rosell e Pablo Giorgelli
Montaxe: María Astrauskas
Fotografía: Diego Poler
Duración: 85 minutos
Cor - V.O.S.C.



Ficha artística

Germán de Silva
Hebe Duarte
Nayra Calle Mamani


C/ Doctor Cadaval, 33 - 4ºA - CP 36202 - Apdo.190 - Vigo (Pontevedra) - ESPAÑA / Tlf: 986 220 910 - Fax: 986 220 910   Escríbenos