Índice
do Regulamento de Réxime Interno do Cineclube Lumière
Artigo 1. Ámbito do Regulamento de Réxime InternoCAPÍTULO PRIMEIRO
Artigo 2. Aprobación e modificación deste Regulamento
Artigo 3. Símbolos do CineclubeCAPÍTULO SEGUNDO
Artigo 4. Deseño dos carnés de socio
Artigo 5. A Asemblea Ordinaria de SociosCAPÍTULO TERCEIRO
Artigo 6. A Asemblea Extraordinaria de Socios
Artigo 7. As propostas da Xunta Directiva á Asemblea Xeral de Socios
Artigo 8. As propostas dos socios á Asemblea Xeral de Socios.
Artigo 9. A Xunta Directiva
Artigo 10. As reunións da Xunta Directiva
Artigo 11. Os cargos da Xunta Directiva
Artigo 12. As propostas dos socios á Xunta Directiva
Artigo 13. A presidencia das reuniónsCAPÍTULO CUARTOArtigo 14. A reunión da Asemblea Xeral de Socios
- Apartado 13.1. Da Xunta Directiva
- Apartado 13.2. Da Asemblea Xeral de Socios
- Apartado 13.3. A/O Secretaria/o e a súa substitución durante as reunións
- Apartado 13.4. O final das reunións
Artigo 15. O uso da palabra durante a Asemblea Xeral de Socios
- Apartado 14.1. Identificación dos socios: o censo de socios
- Apartado 14.2. A lista de asistentes
Artigo 16. Aprazamento dunha reunión da Asemblea Xeral de Socios
Artigo 17. Citacións dos socios perante a Xunta Directiva
Artigo 18. Citación de persoas alleas perante a Xunta Directiva
CAPÍTULO QUINTO
Da elección da Xunta Directiva
CAPÍTULO SEXTO
Da organización do traballo no Cineclube
CAPÍTULO SÉTIMO
Sobre a contratación de persoal
CAPÍTULO OITAVO
Do réxime sancionador
CAPÍTULO NOVENO
Outras disposicións
ANEXO I
Modelo para a Presentación de candidaturas
á Xunta Directiva
ANEXO II
Modelo de Presentación a cargos individuais
na Xunta Directiva
Regulamento
de Réxime Interno do Cineclube Lumiére de Vigo
O
presente Regulamento de Réxime Interno do Cineclube Lumière
Vigo rexerá o funcionamento interno da devandita asociación,
e obrigará a tódolos seus socios, Colaboradores e ós
órganos rectores. Este Regulamento deberá axustarse ó
disposto nos Estatutos do Cineclube, e as súas carencias e posibles
contradiccións cos Estatutos serán resoltas pola Xunta Directiva
en base ós devanditos Estatutos.
En conformidade co disposto nos Estatutos, este Regulamento de Réxime Interno só poderá ser aprobado ou modificado pola Asemblea Xeral Ordinaria ou Extraordinaria de Socios do Cineclube sempre que se fixese constar na orde do día da convocatoria nos prazos estipulados polos Estatutos e por este Regulamento.
A
aprobación ou modificación adoptarase por maioría
simple dos socios validamente reunidos.
CAPÍTULO PRIMEIRO
DOS SÍMBOLOS DO CINECLUBE E DOS CARNÉS
DE SOCIO
Os deseños dos símbolos, anagramas, logotipos e similares do Cineclube e as súas modificacións serán aprobados pola Xunta Directiva.
O
uso dos símbolos, anagramas, logotipos e similares do Cineclube
está limitado ós fins previstos nos Estatutos.
A Xunta Directiva poderá aprobar e modificar as normas de deseño dos carnés de socios. Nestes carnés figurarán alomenos os seguintes elementos: logotipo ou similar do Cineclube, nome e apelidos do socio, número de socio segundo o Libro de Socios, número do DNI ou, no caso de estranxeiros, do pasaporte, e mais unha fotografía recente do socio. Tamén se recomenda que figuren as seguintes informacións: enderezo actual do socio, número/s de teléfono de contacto e data de nacemento. Ademais, na medida do posible, o carné de socio previrá espacios onde anotar e selar as sucesivas renovacións do carné con indicación da data de renovación.
O
carné de socio redactarase por dupricado, entregándose unha
copia ó socio no momento da inscrición mentres o Cineclube
conservará a outra copia para usos administrativos.
A
Asemblea Xeral de Socios celebrará unha reunión ordinaria
obrigatoriamente cada ano. A Xunta Directiva queda obrigada a convocala
segundo o estipulado nos Estatutos e a incluír na orde do día
os temas que deban ser tratados obrigatoriamente. Esta Asemblea Ordinaria
de Socios aprobará o Plan de Actividades, o Presuposto de Ingresos
e Gastos do Cineclube para o seguinte exercicio, o cumprimento do Plan
de Actividades aprobado no exercicio anterior e o estado de contas do Cineclube.
A Asemblea Xeral de Socios celebrará unha reunión extraordinaria cando esta sexa convocada na forma e prazo indicados polos Estatutos.
No
caso de que unha Asemblea Extraordinaria de Socios sexa solicitada pola
décima parte dos socios, os promotores desta iniciativa entregarán,
respectando os prazos de convocatoria establecidos nos Estatutos e no Regulamento,
un escrito onde se razoen as causas que motivan a convocatoria, a orde
do día e a lista, con indicación de nome e apelidos, número
de socio, DNI e sinatura, dos socios que a apoien así como a filiación
e sinatura dos promotores.
Artigo 7. As propostas da Xunta Directiva
á Asemblea Xeral de Socios![]()
Na
redacción da orde do día das reunións tanto ordinarias
coma extraordinarias da Asemblea Xeral de Socios, a Xunta Directiva, por
acordo válido dos seus membros, poderá presentar a discusión
e votación cantas propostas desexe.
Artigo 8. As propostas dos socios á
Asemblea Xeral de Socios![]()
Calquera socio do Cineclube poderá dirixir escritos, queixas, suxestións, alegacións ou peticións á Asemblea Xeral de Socios. Estas peticións poderán ser presentadas en calquera momento ante a Xunta Directiva e serán incluídas na orde do día da Asemblea Xeral de Socios inmediatamente seguinte. Se se presentasen nos tres días previos á celebración dunha Asemblea Xeral, a Xunta Directiva pode pospolas á seguinte Asemblea Xeral de Socios á que está a piques de celebrarse. No caso dunha Asemblea Extraordinaria de Socios, a Xunta Directiva poderá pospor para a seguinte Asemblea Xeral os asuntos non relacionados directamente coa orde do día da convocatoria.
Tódalas
propostas presentadas polos socios serán discutidas —podendo a Xunta
Directiva expresar a súa conformidade, desconformidade ou indiferencia—
e serán votadas a continuación en reunión da Asemblea
Xeral de Socios. Os socios, se o desexan, poderán tomar a palabra
durante a discusión das súas propostas.
A
Xunta Directiva do Cineclube é o órgano xestor, executivo
e administrativo do Cineclube, e componse de Presidenta/e, Secretaria/o,
Tesoureira/o e de catro a sete vocais, elixidos todos pola Asemblea Xeral
de Socios. A elección dos membros da Xunta Directiva terá
validez dun ano, e poden ser reelixidos varias veces indefinidamente.
A
Xunta Directiva reunirase como mínimo unha vez ó mes e procurará
dar a maior publicidade posible ás súas reunións e
ós acordos que tome.
Os membros da Xunta Directiva son voluntarios e gratuítos, isto é, os membros da Xunta Directiva non recibirán remuneración algunha por asistir ás reunións dos órganos rectores nin por exercer as funcións que lles atribúen os Estatutos e este Regulamento.
Os membros da Xunta Directiva teñen dereito a que lles sexan reintegrados os gastos nos que incorran pola realización das atribucións que lles asignan os Estatutos e este Regulamento e pola representación da asociación.
Así
mesmo os membros da Xunta Directiva teñen dereito a axudas para
a asistencia a actos, cursos, congresos, reunións, actividades ou
similares relacionados cos fins do Cineclube cando así o estableza
a Xunta Directiva. A Xunta Directiva presentará á Asemblea
Ordinaria de Socios, dentro dos informes sobre o estado de contas do Cineclube,
unha memoria dos gastos realizados con motivo das axudas especificadas
neste parágrafo. Se a Asemblea Xeral de Socios decidise que estas
actividades para as que foron concedidas axudas ós membros da Xunta
Directiva non concordaban cos fins do Cineclube, a Xunta Directiva deberá
reintegrar solidariamente o seu importe.
Calquera socio do Cineclube poderá presentar escritos, queixas, suxestións, alegacións ou peticións en calquera momento á Xunta Directiva. A Xunta Directiva queda obrigada a incluír na orde do día e presentar estes escritos na seguinte reunión da Xunta Directiva ou nunha inmediatamente posterior se non houbese tempo suficiente para estudialos.
Tódalas
propostas presentadas ante Xunta Directiva serán discutidas, podendo
o socio que as presenta tomar a palabra para defendelas, e serán
votadas a continuación. A Xunta Directiva pode declararse incompetente
para resolver segundo as atribucións que lle outorgan os Estatutos
e este Regulamento. Neste caso, a Xunta Directiva remitirá a proposta
ou escrito á Asemblea Xeral de Socios tal e como se indica no artigo
8 deste Regulamento.
Apartado 13.1. Da Xunta Directiva
As reunións da Xunta Directiva serán presididas pola/o Presidenta/e (ou persoa na que delegue ou que a/o substituíse).
Apartado 13.2. Da Asemblea Xeral de Socios
As reunións da Asemblea Xeral de Socios serán presididas pola/o Presidenta/e (ou persoa na que delegue ou que a/o substituíse), acompañada/o polo resto dos membros da Xunta Directiva presentes, constituídos todos en Mesa.
A Mesa constituírase antes da celebración de cada reunión no lugar en que se realizará esta e será a encargada do adecuado desenvolvemento da reunión de acordo cos Estatutos, co presente Regulamento e coas leis vixentes. No posible, a Mesa colocarase nun lugar visible para tódolos socios asistentes.
A/O Presidenta/e abrirá a reunión seguindo a orde do día. Para cada asunto haberá unha tanda de debate e, se fose necesario, unha posterior votación. En caso de desacordo no tocante ó desenvolvemento da reunión, a Mesa decidirá por maioría simple.
Apartado 13.3. A/O Secretaria/o e a súa
substitución durante as reunións
Se no momento de constituírse a Mesa dunha Asemblea Xeral de Socios, ou no momento de iniciarse unha reunión da Xunta Directiva, a/o Secretaria/o, ou persoa na que delegase, non estivese presente, a/o Presidenta/e designará á persoa que a/o substitúa no exercicio das súas funcións, especialmente na identificación de socios e na redacción da acta.
Apartado 13.4. O final das reunións
A/O Presidenta/e poderá levantar a reunión da Xunta Directiva ou da Asemblea Xeral de Socios cando tódolos puntos da orde do día fosen xa tratados.
Antes
de levantar unha reunión da Asemblea Xeral de Socios ou da Xunta
Directiva, a/o Presidenta/e indicará ós socios, no caso dunha
Asemblea Xeral de Socios, ou ós membros da Xunta Directiva, no caso
dunha reunión da Xunta Directiva, que poden achegarse á/ó
Secretaria/o para presentar as alegacións que queiran e que serán
todas anotadas na acta da reunión.
Respecto á reunión da Asemblea Xeral de Socios adóptanse as seguintes disposicións:
Apartado 14.1. Identificación dos
socios: o censo de socios
Antes do comezo de cada reunión da Asemblea Xeral de Socios e logo da constitución da Mesa, a/o Secretaria/o e/ou persoas nas que delegue procederán a identificar ós socios reunidos segundo un censo actualizado elaborado a partir dos datos inscritos no Libro de Socios.
Este censo será exposto na sede do Cineclube dende o momento da convocatoria dunha Asemblea Xeral de Socios ata como mínimo dous días antes da celebración da reunión. Só poderán figurar nese censo, e por tanto participar na Asemblea, os socios que estivesen dados de alta no momento da convocatoria. Se un socio causase baixa entre a convocatoria e a celebración da Asemblea de Socios sería borrado deste censo.
Os socios poderán presentar alegacións a ese censo durante o período da súa exposición. Estas alegacións serán resoltas pola Xunta Directiva ou, se así o decidise a Xunta Directiva, pola/o Presidenta/e ou pola/o Secretaria/o ou por ambas/os conxuntamente.
Apartado 14.2. A lista de asistentes
Os
socios que se identifiquen debidamente e que figuren no censo actualizado
de socios asinarán unha lista de asistentes que será máis
tarde engadida á acta da reunión.
Artigo 15. O uso da palabra durante a Asemblea
Xeral de Socios![]()
Durante as reunións da Asemblea Xeral de Socios, a Mesa facilitará no posible que os socios asistentes tomen a palabra.
A primeira vez que un socio tome a palabra no transcurso dunha reunión da Asemblea Xeral de Socios deberá identificarse debidamente dicindo en voz alta o seu nome. Así mesmo os socios terán que identificarse debidamente cando llelo requira algún membro da Mesa.
A
Mesa poderá retirarlle a palabra a calquera socio que abusase deste
dereito en prexuízo doutras persoas, insultase á asociación
ou ós seus socios, ou pretendese impedir ou dilatar unha votación
ou toma de decisión.
Artigo 16. Aprazamento dunha reunión
da Asemblea Xeral de Socios![]()
A Mesa poderá interromper e aprazar unha sesión da Asemblea Xeral de Socios en caso dunha duración excesiva, porque os temas a tratar precisen máis tempo do dispoñible, ou por calquera causa que impida o exercicio normal dos dereitos de reunión ou votación.
No momento de aprazala, a/o Presidenta/e convocará a seguinte sesión da Asemblea Xeral de Socios antes dos dez días hábiles seguintes ó día da interrupción. Unha sesión interrompida nunca poderá ser retomada antes das oito e media da tarde do día seguinte. A sesión da Asemblea Xeral de Socios interrompida retomarase no punto do orde do día que se estivese a discutir no momento da interrupción.
Se unha sesión interrompida dunha Asemblea Xeral de Socios non se chegase a retomar dentro do prazo previamente indicado, os acordos tomados en sesións anteriores desa mesma Asemblea Xeral de Socios serían completamente nulos.
Baixo
ningún concepto deberá interromperse unha Asemblea Xeral
de Socios durante unha votación ou un escrutinio. Se este feito
se producise por causa de forza maior, claramente inevitable, repetiríase
a votación no momento de proseguir a sesión interrompida.
A Xunta Directiva poderá convocar a calquera dos socios a unha das súas reunións. Esta citación, xunto co lugar, data e hora da reunión, seralle comunicada ó socio persoalmente, sempre que fose posible, e se non fose posible, por calquera outro procedemento dos habitualmente utilizados polo Cineclube.
Ningún
socio que non asistise á reunión á que foi debidamente
convocado, poderá alegar que unha decisión non sexa válida
porque se tomou na súa ausencia.
Artigo 18. Citación de persoas alleas
perante a Xunta Directiva ![]()
A
Xunta Directiva ou calquera dos seus membros poderán solicitar a
asistencia dunha persoa allea ó Cineclube para que esta fale á
Xunta Directiva no transcurso dunha reunión.
CAPÍTULO CUARTO
DA VOTACIÓN NA ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS E DA DELEGACIÓN
DE ASISTENCIA E VOTO
Na
Asemblea Xeral de Socios a votación dos socios poderá realizarse
a man alzada ou por sufraxio secreto.
Apartado 20.1. A furna electoral e as
papeletas
Para a realización dunha votación por sufraxio secreto disporase unha furna. Repartiranse papeletas onde se indiquen claramente e sen lugar posible a confusións as alternativas que os votantes poden elixir. Estas papeletas poden substituírse por papeis en branco onde os votantes escriban qué alternativa votan, indicándose dende a Mesa que deben escribir por cada alternativa para que o seu voto sexa válido.
A continuación a/o Secretaria/o irá chamando en voz alta, un a un, ós socios segundo a lista de asistentes previamente elaborada; os cales se están presentes e desexan votar, se identificarán e a continuación emitirán o seu voto.
Finalizada a votación, farase inmediatamente o escrutinio diante da Asemblea Xeral de Socios. O escrutinio será realizado pola Mesa. Cada voto será declarado en voz alta. Reservarase un lugar próximo á Mesa para que observen o escrutinio os socios implicados na votación (candidatos á Xunta Directiva, socios dos que se propoña a expulsión ou sanción, promotores dunha Asemblea Extraordinaria de Socios, os que determine a Xunta Directiva ou a Mesa, en todo caso, a/o Presidenta/e e a/o Secretaria/o).
A
Mesa anulará aqueles votos nos que non se poida determinar con absoluta
claridade cal foi a alternativa votada.
A votación a man alzada realizarase de forma tal que se poidan contar adecuadamente os votos emitidos. A Mesa iniciará a votación preguntando qué socios están a favor e contaraos. A continuación repetirá o procedemento cos votos en contra e rematará cos socios que desexen absterse.
Se
durante o cómputo dos votos a Mesa apreciase defectos ou erros graves,
invalidaría a votación e ordenaría a súa repetición.
Esta repetición podería realizarse a man alzada ou por sufraxio
segredo.
Os resultados dunha votación serán anunciados inmediatamente pola Mesa e, en caso de ser aprobadas, as decisións entrarán en vigor tan pronto como se levante a reunión e se redacte a acta ou, no caso de que así se determine no seu texto, cando o indique a resolución aprobada.
Os
resultados de tódalas votacións serán consignados
na acta da reunión. Os socios que o desexen poderán solicitar
que a/o Secretaria/o anote na acta ás súas alegacións
á votación.
En caso de empate nunha votación na Xunta Directiva ou na Asemblea Xeral de Socios, esta votación repetirase por segunda vez. Se persistise o empate logo da segunda votación, a/o Presidenta/e terá un voto de calidade, quedando a proposición obxecto de votación aprobada ou rexeitada dende o momento en que a/o Presidenta/e exprese a súa vontade.
En
ningún caso, a/o Presidenta/e utilizará o seu voto de calidade
para desfacer un empate na elección de Xunta Directiva cando esta
elección afectase ó cargo de Presidenta/e. Si poderá
desfacer un empate cando afecte só a outros cargos da Xunta Directiva.
Os
socios non poderán delegar o seu voto noutras persoas para as reunións
da Asemblea Xeral de Socios. Só poderán asistir e votar nunha
reunión da Asemblea Xeral de Socios as persoas que estean presentes.
Apartado 25.1. Votación conxunta
de varios asuntos
A Mesa poderá decidir que varias propostas que traten sobre temas similares, ou que, tratando sobre temas distintos, versen sobre asuntos menores, sexan votadas conxuntamente nunha soa votación a man alzada ou por sufraxio secreto.
En todo caso, terán que votarse por separado os seguintes asuntos:
a) A elección de membros da Xunta Directiva. Non se considerarán votacións conxuntas aquelas comprendidas apartado 1 do artigo 28 do presente Regulamento.Apartado 25.2. Votación simultánea de varios asuntosb) A disolución do Cineclube.
c) As modificación dos Estatutos do Cineclube ou do Regulamento de Réxime Interno.
d) A expulsión dun socio ou as sancións ou apelacións de sancións agás no caso de que se deriven dun informe sancionador colectivo.
e) Votacións relativas a elementos patrimoniais importantes para o Cineclube tal e como son definidos no artigo 13 dos Estatutos. Poderán acumularse nunha votación conxunta todas aquelas propostas relativas a estes elementos patrimoniais importantes.
A Mesa poderá decidir que varios asuntos se voten nunha mesma papeleta, unha vez presentados e discutidos individualmente. Cada socio introducirá na furna electoral unha soa papeleta pero emitirá tantos votos como asuntos se estean a votar. Nos termos estipulados polo apartado anterior deste mesmo artigo, certos asuntos poderán ser votados conxuntamente.
Para
realizar esta votación, disporanse na papeleta dúas columnas:
na columna esquerda declararase o asunto que se vota de xeito que non se
poida confundir con ningún outro asunto dos votados na mesma papeleta,
mentres na columna dereita consignarase o voto do socio entendéndose
que o voto corresponde ó asunto situado á esquerda. Será
nula calquera papeleta que non cumpra estes requisitos, ou na que non se
poida establecer con certeza a que asunto da columna esquerda corresponde
un voto emitido na columna dereita, ou que non cumprise algún dos
requisitos do apartado 2 do artigo 20.
Tal
e como se desprende do apartado 1 do artigo 14,
relativo ó censo actualizado de socios, só poderán
elixir e ser elixidos para a Xunta Directiva aqueles socios que estean
dados de alta no momento da convocatoria da Asemblea Xeral de Socios na
que se vaia elixir ou renovar a Xunta Directiva. No caso de que un socio,
por calquera dos motivos expostos nos Estatutos e neste Regulamento, causase
baixa no período entre a convocatoria e a reunión da Asemblea
Xeral de Socios, tampouco poderá elixir e ser elixido para a Xunta
Directiva.
Cando se convoque unha reunión da Asemblea Xeral de Socios na que se vaia elixir ou renovar por enteiro ou parcialmente a Xunta Directiva, disporase un prazo para a presentación de candidaturas. Este prazo será como mínimo dun mes no caso dunha Asemblea Xeral Ordinaria e como mínimo de doce días hábiles no caso dunha Asemblea Xeral Extraordinaria.
O
prazo de presentación de candidaturas rematará dous días
antes da celebración da correspondente Asemblea.
Apartado 28.1. Para a elección
ou renovación de toda a Xunta Directiva
As candidaturas para a elección ou renovación de toda a Xunta Directiva presentaranse e votaranse de xeito conxunto.
As candidaturas presentaraas a/o candidata/o a Presidenta/e ante a Xunta Directiva e consistirán nunha lista na que se indique o nome e apelidos, número de socio, número de DNI, así como o cargo ó que opta cada persoa: sendo estes a/o Presidenta/e, a/o Secretaria/o, a/o Tesoureira/o e de catro a sete vocais. A lista irá asinada por todos e cada un dos candidatos. No Anexo I descríbese o modelo para a presentación de candidaturas.
Ningún socio poderá presentarse en dúas candidaturas á vez. Se isto ocorrese, entenderase que o socio se presenta pola candidatura que foi entregada en primeiro lugar e quedarán invalidadas tódalas candidaturas nas que figurase e que fosen entregadas máis tarde. Esta invalidación comunicarase á/ó candidata/o a Presidenta/e para que presente, se o desexa, unha nova candidatura.
Igualmente, se algún destes candidatos á Xunta Directiva causase baixa como socio antes da reunión da Asemblea Xeral de Socios e despois de presentada a candidatura, esta considerarase non válida. Esta circunstancia comunicarase á/ó candidata/o a Presidenta/e para que presente, se o desexa, unha nova candidatura.
Apartado 28.2. Para a elección
ou renovación de parte da Xunta Directiva
Cando se elixa ou renove só parte da Xunta Directiva presentaranse candidaturas individuais en escrito dirixido a Xunta Directiva e que serán así mesmo votadas individualmente (seguindo no seu caso, o establecido no artigo 25 deste Regulamento). Estas candidaturas individuais presentaranse en escrito que siga o modelo do Anexo II.
Cando na mesma reunión da Asemblea Xeral de Socios se elixan ou renoven varios cargos da Xunta Directiva, cada candidato só poderá presentarse a un dos cargos elixibles ou renovables. Se un socio se presentase a varios cargos entenderase que tódalas candidaturas presentadas son inválidas, comunicándose esta circunstancia ó candidato para que presente unha única candidatura se o desexa.
Se
un candidato a un cargo da Xunta Directiva causase baixa como socio antes
da reunión da Asemblea Xeral de Socios e despois de presentada a
súa candidatura, esta quedará invalidada.
Artigo 29. Presentación dos candidatos
ante a Asemblea Xeral de Socios![]()
Os candidatos á Xunta Directiva serán presentados un a un á Asemblea Xeral de Socios e terán dereito a falar a esta durante uns minutos antes de que a Asemblea proceda á votación. No caso de que se elixa ou renove toda a Xunta Directiva, o dereito a dirixirse á Asemblea de Socios terao a/o candidata/o a Presidenta/e.
Estes delegados poderán substituír ós membros que por calquera circunstancia causasen baixa definitiva na Xunta Directiva. Neste caso, a Xunta Directiva estará obrigada a convocar eleccións para o cargo do membro da Xunta Directiva que causou baixa definitiva ós seis meses de que esta se fixese efectiva ou na seguinte reunión da Asemblea Xeral de Socios. A/O Presidenta/e poderá decidir non substituír ós vocais que causasen baixa definitiva, co cal a Xunta Directiva non terá obrigación de convocar unha Asemblea Xeral de Socios para renovar eses cargos.
Entenderase que un membro da Xunta Directiva causou baixa definitiva cando así llo comunicase por escrito á Xunta Directiva ou cando causase baixa como socio do Cineclube por calquera dos motivos expostos no apartado 3 do artigo 9 dos Estatutos.
A
propósito dos membros da Xunta Directiva imputados nun informe sancionador
atenderase ó establecido no Capítulo
Oitavo deste Regulamento.
As
actividades a realizar obrigatoriamente polo Cineclube en cada período
serán as aprobadas co Plan de Actividades en reunión ordinaria
da Asemblea Xeral de Socios. Ademais, durante cada período a Xunta
Directiva poderá propor e realizar outras actividades sempre que
estean de acordo cos fins do Cineclube e os seus Estatutos.
A Xunta Directiva poderá crear Comisións de Traballo coa finalidade de executar ou de controlar a execución de determinadas actividades e delegar nelas as funcións e atribucións que considere necesarias para o cumprimento dos seus fins.
En ningún caso, as decisións das Comisións de Traballo serán vinculantes para a Xunta Directiva; aínda que esta terá a obrigación de elevar á Asemblea Xeral de Socios as conclusións e a documentación que os membros dunha Comisión de Traballo decidan.
As Comisións de Traballo quedarán disoltas tan pronto cumpran as funcións para as que foron creadas ou cando a Xunta Directiva as disolva por carecer xa de utilidade ou porque as súas funcións ficasen baleiras de contido.
A
Xunta Directiva presentará á Asemblea Ordinaria de Socios
unha memoria onde informará das Comisións de Traballo creadas
e disoltas ou en funcionamento en cada período, as actividades realizadas
por estas Comisións e a documentación ou conclusións
que os seus membros queiran dirixir á Asemblea de Socios.
As Comisións de Traballo estarán integradas por tódolos socios do Cineclube que o desexen. A Xunta Directiva poderá vetar a pertenza dun socio a unha Comisión de Traballo, ou expulsalo dunha Comisión, cando este socio demostrase a súa incapacidade, falla de interese ou irresponsabilidade dentro do Cineclube ou estivese ou fose algunha vez sancionado.
O
número de membros de cada Comisión é ilimitado. Os
socios poderán abandonar a Comisión á que pertenzan
ou entrar nas xa constituídas en calquera momento. Un socio poderá
pertencer ou colaborar en varias Comisións de Traballo á
vez.
Cada Comisión de Traballo estará supervisada por algún membro da Xunta Directiva. Esta persoa será a encargada de dar conta á Xunta Directiva das actividades realizadas pola Comisión e dos proxectos que prepare. Poderá delegar as súas funcións dentro da Comisión a calquera dos seus membros. Esta delegación enténdese restrinxida ó funcionamento propio da Comisión, da cal o membro da Xunta Directiva que a presida seguirá sendo responsable.
A
Xunta Directiva determinará no momento de crear a Comisión
de Traballo qué persoa ou qué cargo da Xunta Directiva as
presidirá. Así mesmo poderá cambiar en calquera momento
a esta persoa.
Artigo 35. Número mínimo de
membros das Comisións de Traballo![]()
As
Comisións de Traballo estarán constituídas alomenos
por un socio.
Calquera
socio do Cineclube poderá colaborar coas tarefas dunha ou varias
Comisións de Traballo sen formar parte delas. Neste caso, será
a mesma Comisión quen lle outorgue as competencias e capacidades
que crea necesarias, dentro sempre do seu ámbito de traballo.
Artigo 37. As actividades e as reunións
das Comisións de Traballo![]()
As Comisións de Traballo levarán a cabo as actividades que lles ordene e na forma que lles ordene o mandato que reciban da Xunta Directiva. Tódalas decisións que tomen as Comisións de Traballo deberán ser comunicadas na forma debida á Xunta Directiva e poderán ser revisadas por esta.
As
Comisións de Traballo serán convocadas pola persoa que as
presida. Para que a reunión sexa válida deberá estar
presente alomenos un dos seus membros. Tamén deberá estar
presente a persoa que as presida, podéndose dar o caso de que asista
unicamente a persoa que presida a Comisión.
As
Comisións de Traballo adoptarán as súas decisións
por maioría simple dos seus membros. A persoa que represente á
Xunta Directiva terá a capacidade de decidir en caso de falla de
consenso.
As Comisións de Traballo levarán un Libro de Actas onde se anoten tódalas decisións tomadas e tódalas incidencias, altas e baixas dos socios que as formen. Tamén levarán un Rexistro das Actividades realizadas. Ambos libros estarán a disposición da Xunta Directiva e de calquera socio e serán custodiados pola/o Secretaria/o.
En
ningún caso as Comisións de Traballo terán documentación
interna propia. Toda a documentación que xeren será do Cineclube
e estará sometida ás normas que dicten os Estatutos e o Regulamento
ó respecto.
Enténdese que as seguintes Comisións de Traballo están constituídas dende o momento en que se elixe ou renova unha Xunta Directiva e que están formadas alomenos polo correspondente membro da Xunta Directiva: a Comisión Económica presidida pola/o Tesoureira/o, a Comisión de Organización Interna presidida pola/o Secretaria/o e a Comisión de Relacións Externas presidida pola/o Presidenta/e.
A continuación detállanse as atribucións de cada unha desas Comisións de Traballo:
Apartado 40.1. A Comisión Económica
O seu obxectivo será levar o aspecto económico e financeiro do Cineclube. Estará dirixida pola/o Tesoureira/o, sendo as súas tarefas as seguintes:
- Xestionar os ingresos e gastos, os cobros e pagos.Apartado 40.2. A Comisión de Organización Interna
- Atender as demandas económicas dos órganos rectores do Cineclube.
- Presentar o balance de gastos e ingresos e o estado de contas do Cineclube conforme ó mandato da/do Tesoureira/o.
- Elaborar o presuposto de ingresos e gastos conforme ó mandato da/do Tesoureira/o.
- Presentar ou elaborar a petición da Xunta Directiva ou da/do Tesoureira/o ou doutras Comisións de Traballo presupostos sobre actividades ou proxectos.
- Fiscalizar as estimacións de presupostos e os presupostos liquidados das actividades realizadas por outras Comisións de Traballo.
- Realizar recomendacións en materia económica, financeira ou fiscal.
- Relacionarse cos provedores do Cineclube.
- Outras que lle atribúa a Xunta Directiva.
O seu obxectivo será atender tódolos aspectos de carácter administrativo e organizativo relacionados co Cineclube. Estará dirixida pola/o Secretaria/o e as súas tarefas serán as seguintes:
- Levar o control dos socios.Apartado 40.3. A Comisión de Relacións Externas
- Elaborar as convocatorias da Asemblea Xeral de Socios e da Xunta Directiva, redactando as correspondentes ordes do día e elaborando ou compilando a documentación necesaria para estas reunións.
- Velar polo cumprimento dos Estatutos, do Regulamento e das decisións dos órganos rectores do Cineclube.
- Emitir informes a petición da Xunta Directiva sobre aspectos xurídicos, administrativos ou organizativos así como sobre a interpretación dos Estatutos, do Regulamento e das decisións dos órganos rectores do Cineclube.
- Elaborar calendarios sobre as tarefas comúns e periódicas a realizar e velar polo seu cumprimento.
- Coordinar as actividades e reunións das demais Comisións de Traballo.
- Coñecer as subvencións e partidas orzamentarias destinadas a asociacións culturais ou cineclubes que aparezan no BOE, no DOG ou noutros boletíns oficiais.
- Coñecer a lexislación que poida afectar ó Cineclube.
- Elaborar os organigramas do Cineclube.
- Redactar informes sobre as necesidades organizativas, sobre a creación ou disolución de Comisións de Traballo.
- Outras que lle atribúa a Xunta Directiva.
O seu obxectivo será manter as relacións externas da asociación e a difusión das súas actividades. Estará presidida pola/o Presidenta/e. As súas tarefas serán:
- Relacionarse cos medios de comunicación social, elaborar notas e comunicados de prensa ou á opinión pública, organizar roldas de prensa.Apartado 40.4. Cesión de competencias a outras Comisións de Traballo
- Difundir e organizar a difusión das actividades dirixidas ó público: cursos, talleres, ciclos, festivais, etc.
- Coñecer a programación cultural das entidades do entorno do Cineclube e difundila internamente.
- Manter contactos con institucións públicas e privadas e outras asociacións, especialmente coas relacionadas co cine. Estudiar posibles convenios, contratos ou acordos con esas entidades ou asociacións.
- Manter as relacións do Cineclube cos profesionais do mundo do cine.
- Manter contacto coa Federación de Cineclubes e con outros cineclubes.
- Enlazar coas federacións ás que se asociase o Cineclube.
- Outras que lle atribúa a Xunta Directiva.
A
Xunta Directiva poderá ceder as competencias destas Comisións
de Traballo a outras que crease a tal fin.
A Xunta Directiva poderá contratar a calquera persoa para a realización de tarefas relacionadas cos fins que establecen os Estatutos así como para tarefas relacionadas coa xestión do Cineclube ou das actividades que realice.
Estas persoas contratadas poderán ser socios ou non socios. Se a persoa contratada é un membro da Xunta Directiva inmediatamente causará baixa nesta. Ningún socio poderá ser elixido para a Xunta Directiva ou formar parte dela mentres estea contratado polo Cineclube.
A
Xunta Directiva determinará as funcións, atribucións,
salario e tipo de contrato así como os requisitos que terá
cada posto de traballo e escollerá só ás persoas que
cumpran eses requisitos.
Ó amparo do apartado 4 do artigo 9 dos Estatutos, as sancións aplicables a socios do Cineclube poden ser:
- Suspensión do acceso ás actividades entre tres meses e dous anos.Estas sancións poderán ser combinadas en cada caso para conformar unha única sanción.
- Prohibición do uso dos locais, propiedades e materiais do Cineclube entre tres meses e dous anos.
- Suspensión de descontos, abonos ou similares dos que se beneficiase o socio sancionado.
- Suspensión do dereito a asistir ás Asembleas Xerais de Socios, elixir e ser elixido á Xunta Directiva entre tres meses e dous anos.
- Suspensión de tódolos dereitos como socio entre tres meses e dous anos.
- Proposta de expulsión á Asemblea Xeral de Socios con suspensión de tódolos dereitos como socio ata o momento da resolución por parte da Asemblea Xeral de Socios.
- Inhabilitación para ser elixido, elixir e exercer cargos na Xunta Directiva de un a cinco anos.
O procedemento sancionador iniciarase coa redacción dun informe sancionador por parte da Xunta Directiva. O informe sancionador incluíra as acusacións que se imputan ó socio, valorará a súa gravidade e solicitará as correspondentes sancións.
Este
informe seralle comunicado ó socio imputado persoalmente, sempre
que fose posible, e se non fose posible, por calquera outro procedemento
dos habitualmente utilizados polo Cineclube. Así mesmo comunicaráselle
o lugar, hora e data de celebración da reunión da Xunta Directiva
onde se votará ese informe sancionador.
O socio imputado terá dereito a ser escoitado pola Xunta Directiva na reunión en que se vote o seu informe sancionador antes de que se lle impoña calquera sanción. A incomparencia do socio non restará eficacia á sanción aprobada.
As
sancións entrarán en vigor no mesmo momento en que fosen
aprobadas por maioría simple da Xunta Directiva.
Mediante
escrito dirixido á Xunta Directiva, un socio sancionado poderá
apelar a súa sanción ante unha Asemblea Extraordinaria de
Socios convocada a tal efecto. O prazo para esta apelación é
dun mes a partir da aprobación da sanción pola Xunta Directiva.
O socio sancionado será escoitado pola Asemblea e a continuación
esta votará a revisión da sanción e, no seu caso,
levantará a sanción ou imporá unha nova. As resolucións
adoptadas entrarán inmediatamente en vigor e serán inapelables.
Cando o socio imputado nun informe sancionador sexa un membro da Xunta Directiva, esta limitarase a dirixir á Asemblea Xeral de Socios o informe aprobado, con recomendación de sanción. O membro da Xunta Directiva imputado quedará inmediatamente suspendido das súas funcións, elixíndose unha persoa que o substitúa provisoriamente.
Antes
dun mes celebrarase unha Asemblea Extraordinaria de Socios onde se votará
o informe sancionador. Se resultase aprobado, procederase á elección
dun novo membro da Xunta Directiva. En caso contrario, o membro da Xunta
Directiva suspendido recuperará inmediatamente o seu cargo.
A
Xunta Directiva poderá redactar informes sancionadores colectivos
contra socios do Cineclube sempre que os socios imputados nun mesmo informe
o sexan polo mesmo motivo. Neste caso as apelacións pertinentes
terán carácter individual.
Se
por algún motivo dos consignados no apartado
3 do artigo 9 dos Estatutos un socio sancionado causase baixa no Cineclube,
o cómputo dos días da súa sanción aprazaríase
ata que se volvese a dar de alta na asociación, continuando dende
ese mesmo momento o cómputo. En todo caso, aínda que non
se computasen os días de sanción, esta seguiría en
vixencia.
Contra
o pago da cota anual obrigatoria que estipula o artigo
5 dos Estatutos, o Cineclube expenderá un recibo ó socio
que paga. Este recibo será o xustificante do pago realizado. Así
mesmo expenderá, ou renovará, e selará o carné
de socio e fará as anotacións correspondentes no Libro de
Socios.
A
Xunta Directiva poderá aprobar descontos, abonos ou similares aplicables
ás cotas de actividade en beneficio dos socios do Cineclube, así
como as normas que regulen estes descontos. Estes descontos poderán
afectar a tódolos socios ou a grupos de socios que cumpran certos
requisitos.
Artigo 51. Reintegración de gastos
por traballos voluntarios![]()
Os
socios que realizasen traballos voluntarios para o Cineclube terán
dereito a que lles sexan reintegrados os gastos nos que incorresen con
motivo da realización deses traballos cando así o acordase
a Xunta Directiva.
O
local da sede ou do domicilio do Cineclube será acordado pola Xunta
Directiva e terá que cumprir obrigatoriamente os seguintes requisitos:
a) Non estar vencellado a ningún socio de forma que este puidese impedir ou restrinxir o acceso dos demais socios a ese local. Non poderá ser, en ningún caso, o domicilio dun socio.A Xunta Directiva habilitará un horario e unhas normas para o acceso dos socios ó local ou locais do Cineclube así como as persoas encargadas do seu coidado, limpeza e orde. Do mesmo xeito, será a Xunta Directiva quen determine qué persoas poden ter as chaves do local ou locais do Cineclube.b) A rúa ou a finca onde estea situado o local deben ser céntricas e, no posible, próximas ó Concello de Vigo.
c) Representar axeitadamente, pola súa disposición, limpeza e conservación, ó Cineclube.
d) Permitir o desenvolvemento adecuado das actividades do Cineclube que se vaian realizar nel.
No
ámbito dos fins que establecen os seus Estatutos, o Cineclube fomentará
a participación de colectivos socialmente desfavorecidos nas súas
actividades.
Respecto
ós símbolos, anagramas, logotipos e similares mencionados
no artigo 3 deste Regulamento, a Xunta Directiva
poderá seguir utilizando os actualmente vixentes. Considérase
que tódolos socios están conformes cos símbolos, anagramas,
logotipos e similares que o Cineclube utilizou ata o de agora.
Este
Regulamento de Réxime Interno entrará en vigor ó día
seguinte á súa aprobación pola Asemblea Xeral de Socios
e poderá ser modificado segundo o establecido nos Estatutos.
MODELO PARA A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Á XUNTA DIRECTIVA
Dona/don (nome e apelidos da/do candidata/o a
Presidenta/e) presenta a súa candidatura e a das seguintes persoas
á Xunta Directiva a elixir ou renovar na Asemblea (Ordinaria
ou Extraordinaria) Xeral de Socios que se celebrará o día
(día de celebración da Asemblea Xeral de Socios),
ás (hora de celebración da Asemblea Xeral de Socios),
en (lugar de celebración da Asemblea Xeral de Socios):
| Presidenta/e | (Nome e apelidos) | (Nº de socio) | (Nº DNI) | (Sinatura) |
| Secretaria/o | (Nome e apelidos) | (Nº de socio) | (Nº DNI) | (Sinatura) |
| Tesoureira/o | (Nome e apelidos) | (Nº de socio) | (Nº DNI) | (Sinatura) |
| Vocal nº 1 (e así ata entre 4 e 7 vocais) | (Nome e apelidos) | (Nº de socio) | (Nº DNI) | (Sinatura) |
A/O
socio dona/don (nome e apelidos), con número de socio (nº
de socio) e número de DNI (nº DNI), presenta a súa
candidatura ó cargo de (o que corresponda: Presidenta/e, Secretaria/o,
Tesoureira/o, Vocal) da Xunta Directiva, a elixir ou renovar na Asemblea
(Ordinaria ou Extraordinaria) Xeral de Socios que se celebrará
o día (día de celebración da Asemblea Xeral de
Socios), ás (hora de celebración da Asemblea Xeral
de Socios), en (lugar de celebración da Asemblea Xeral de
Socios).
(Nome e apelidos e sinatura)
Podes contactar con nós por correo electrónico
info@lumierevigo.com
ou ben no teléfono e dirección que podes atopar aquí